Que é o Portelo Único /Sede electrónica?
O Portelo Único é o portal que o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia desenvolveu co obxecto de facilitar a realización de trámites administrativos e tamén para dar cumprimento aos requisitos e obrigacións esixidos tanto na Lei 17/2009 de 23 de novembro sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio como na Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.
A quen vai dirixido o portal?
O portal está dirixido tanto aos/ás profesionais da podoloxía coma os cidadáns/as que desexen obter información ou realizar trámites relacionados co Colexio Oficial de Podólogos de Galicia ou consultar información relativa o funcionamento do mesmo.
PODÓLOGOS
- Alta colexiación
- Baixa colexiación
- Cambio de condición (exercente a non exercente ou viceversa)
- Solicitude xenérica
- Formular unha reclamación ou suxestión
- Homologacións
- Acceso á actividade profesional
Ademais dende o teu USUARIO DE COLEXIADO podes realizar cambios no teu perfil, descargar documentos (como o certificado de colexiación ou as facturas), poñerte en contacto coa asesoría xurídica, acceder ás circulares do Colexio, o foro, os convenios, os descontos por ser colexiado...etc